Charanga Rouba Bicos

Charanga Rouba Bicos

Charanga Rouba Bicos

A charanga Rouba Bicos ven directa dende Vilagarcía de Arousa para facerlle mover o esqueleto a calquera cos seus divertidos ritmos.

Composta por nove músicos profesionais e semiprofesionais, este grupo de amigos fixo realidade un soño alá polo 2012, aínda que levan toda unha vida adicada á música, na charanga, pero tamén nalgunhas das principais orquestas de Galicia.

Pero os Rouba Bicos non son unha charanga convencional, eles aportan un toque diferente incluindo voces en tódalas súas actuacións, un elemento clave que xa os levou a editar o seu primeiro disco.

Nove almas con ganas de moita festa logran cada ano superar o número de actuacións, e nunca se esquecen de pensar nos demáis, con actuacións benéficas ou solidarias.

Con eles… ¡A festa está asegurada!

 

Deja un comentario