Clave de Fado

Clave de Fado

Clave de Fado é un grupo galego cunha proposta moi orixinal, capaz de crear fados a partires doutras músicas e outras linguas, alén do portugués – como o galego ou o castelán – ou de facer versións de grandes temas de Galicia e Portugal. Conseguen a través das súas cancións, establecer un interesante diálogo entre a música galega e a dos irmáns portugueses. Unha proposta actual que nos amosa, unha vez máis, que o fado é unha música universal, que pode viaxar a todo o mundo a través do entendemento entre culturas.

A recente publicación do seu primeiro disco Xanelas, un traballo autoproducido e autoeditado, e a próxima rodaxe do videoclip para o segundo corte do devandito CD coa participación de Fernando de France, autor de videoclips para outros grandes artistas como Rosario Flores, Ketama, Jarabe de Palo ou Amaral, entre moitos outros, fan deste proxecto un imprescindible da cultura galega con vontade de facer mundo.

 

Se han cerrado los comentarios