Lulavai

Lulavai

Lulavai

 

Catro mulleres: Lorena Reinaldo, Paula Oanes, Josefa Fernández e Elena Paz. Elas forman este insólito cuarteto femenino onde o protagonismo das arpas e o son doce das súas voces dan vida a un estilo propio e único, chamado Lulavai. Coñécense no 2005 cando formaban parte da orquestra Folc Sondeseu, baixo a dirección do arpista e mestre, Rodrigo Romaní.

No ano 2008, deciden emprender este novo proxecto musical, onde a sonoridade de 4 arpas e 4 voces fúndense para interpretar con un son moi particular, temas tradicionais galegos e de composición. Dende entón levan percorrido multitude de escenarios, dende Galicia ate o País Vasco, Portugal ou Francia, participando en festivais como Lorient, FolkSegovia, Oito maos, Folkez Blaiz

Agora, Lulavai sorprende con “Lembrame un soño“, o seu segundo traballo discográfico. Un proxecto que evoca no seu título unha canción do célebre cantautor Fausto e que reflexa á perfección a atmósfera acadada neste cedé. Temas de composición propia sen perder o referente da música tradicional, e pinceladas de músicas do mundo, clásica, jazz…dan forma a este traballo de orixinais e evocadores sons.

 

Se han cerrado los comentarios