Mónica de Nut

Mónica de Nut

Mónica de Nut

Mónica de Nut é unha artista multidisciplinar e capaz de crear coa súa voz sons propios da ópera, da música de raíz, do jazz ou da música experimental. O estilo e personalidade de Mónica de Nut é único, tal e como se reflicte en cada unha das súas cancións e dos seus vídeos promocionais.

Tras o grande éxito do seu primeiro disco “Mónica de nut Trio”, que logrou converterse en mellor disco 2012 para a revista Distrito Jazz, agora presenta un novo traballo: “Dos fios invisibles chegan as cores“, un proxecto realizado man a man co guitarrista Virxilio da Silva no que volve a perfecta unión de estilos como a música clásica, o jazz, o rock e a tradición galega.

Con Voz Soa coñecemos a versión de Mónica máis pura.

 

Se han cerrado los comentarios