Sabela

Sabela

Sabela

Sabela é unha das artistas galegas máis consolidadas do panorama musical.

Nada en Boqueixón, a súa carreira artística comeza en 1980 da man do compositor Manuel Muñiz, tamén compositor dos éxitos da cantante Ana Kiro.

En só dous anos comezaría unha xira por Sudamérica, visitando países como Arxentina ou Venezuela.

Un éxito absoluto que a levaría a publicar o seu primeiro disco coa discográfica “Horus de Barcelona“, mentres participaba nos grandes éxitos da Orquesta Compostela.

 “Playa de Sanxenxo” é unha das cancións máis representativas desta artista, disco de ouro en 1989 e “canción do verán” no programa da Radio Galega “A mañá en Blanco“.

A televisión foi outro dos medios que se rendíu aos seus encantos, participando dende os inicios da TVG en programas como Luar ou Supermartes, entre outros.

As súas colaboracións con outros artistas galegos da talla de Juan Pardo ou Ana Kiro tamén forman parte xa da historia musical do país.

Miña Galicia” ou “Galicia contigo” son algúns dos últimos temas cos que percorre os platós e as cidades galegas.

 

Deja un comentario