Coñécenos

Ae Pr

Arteson Producións nace para encher un vacío na industria musical e cultural do panorama galego e coa convicción de se converter na artesa da música galega.

Un espazo para a creación, a produción e a difusión de diversos ritmos e estilos musicais cunha visión creativa e orixinal fundamentada na calidade, a nosa razón de ser.

Cunha atención personalizada e cun gran equipo humano de profesionais, traballamos cada día para facer que a música galega acade o lugar que merece.

Queremos situar a unha selecta canteira de artistas nos mellores teatros, salas de concertos, e festexos, e axudar a novas promesas a triunfar no eido musical.

Grazas a unha dilatada experiencia profesional conseguimos que artistas de referencia a nivel nacional nos confiaran os seus proxectos, e cada día, queremos facer que o público disfrute dunha música atractiva e dunha calidade exquisita.

Deja un comentario